Mancomún

As VII Xornadas de Software Libre de Mugardos retransmitiranse en directo na web

Xoves, 24 Xuño 2010

Comunidade O Zulo Dende a Asociación Comunidade O Zulo avísannos de que as VII Xornadas de Software Libre, que como vos anunciamos no seu día terán lugar este sábado 26 de xuño, emitiranse en directo vía streaming a través do servizo Ustream.tv.

Segundo indican no seu anuncio, trátase dunha experiencia piloto, da que agardan ter "feedback", animándovos a que lles acheguedes os vosos comentarios, incidencias, suxestións … a través de Twitter (hashtag #7XSL) ou Facebook.

As ligazóns para poder seguir as xornadas en directo publicaranas na súa web o sábado ás 11 da mañá.

Ustream.tv é a plataforma líder na emisión en directo interactivo de contidos a través da rede Internet. A diferencia de outras tecnoloxías anteriores, utiliza unha difusión "un a moitos", o que significa que o usuario pode transmitir ó público sen límite de tamaño.
Lembrámosvos o completo Programa das Xornadas

Mañá

  • 11:00 – 12:15 Achegamento a Ubuntu 10.04 – Oscar Amor
  • 12:30 – 13:30 Drupal, máis que un xestor de contido – Alberto Permuy (Comunidade o Zulo)

Tarde

  • 16:15 – 16:30 Presentación Asociación Comunidade O Zulo
  • 16:45 – 17:30 Procesos de localización ó galego – Proxecto Trasno
  • 17:45 – 18:00 Pausa
  • 18:15 – 19:00 P2P: estado actual, ¿somos todos piratas? – Carolina Montero (Comunidade o Zulo)
  • 19:00 – 19:45 Dominios interoperables. A convivencia é posible: Sistemas libres e privativos. Roberto Vieito (Asociación Ghandalf)

As xornadas, como todos os anos, son abertas e gratuítas, polo que calquera persoa interesada poderá achegarse ás mesmas.

Fonte: Comunidade O Zulo

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal