Mancomún

Asembleas xeral ordinaria e extraordinaria de GALPon

Martes, 24 Novembro 2009

GALPonEstá a rematar o ano polo que estamos nunha época que adoita aproveitarse para facer balance. Se onte informábamos sobre a celebración da asemblea extraordinaria da asociación GPUL, hoxe é GALPon quen convoca aos seus socios a unha asemblea xeral ordinaria e outra extraordinaria e de paso tamén aproveitarán a ocasión para festexar o aniversario da asociación.

A asemblea xeral ordinaria celebrarase o sábado día 28 de novembro ás 17:00, na cafetería Medalla de Oro, sita na rúa López de Neira 5, en Vigo. Onde se abordará a seguinte orde do día:

  • Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior

  • Examinar e aprobar a memoria de actividades

  • Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio 2008

  • Aprobación do plan de actividade para 2009 – 2010

No mesmo lugar, pero ás 19:00 terá tamén lugar a asemblea extraordinaria que ten a seguinte orde do día:

  • Elección dos integrantes da xunta directiva

  • Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da xunta directiva

Para ter dereito ao voto os socios asistentes deberan estar ao día no pago da cota anual. E para finalizar está xornada farase unha cea para festexar o aniversario da asociación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal