ASOLIF vén de facer público o seu novo proxecto denominado OpenJob.
Segundo se recolle no seu portal, este proxecto pretende formar a titulados superiores ou universitarios en informática/telecomunicacións, ou noutras titulacións que dispoñan de coñecementos en programación, e que estean buscando emprego inmediato, xa que ao remataren o curso satisfactoriamente terán a opción de seren contratados polas empresas de ASOLIF ou doutras empresas do sector. Trátase pois dunha boa oportunidade de coñecer como se traballa en empresas de software libre e optar a postos de traballo nas empresas que demandan estes perfís.
Os cursos desenvolveranse durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de maneira presencial nas seguintes cidades: Vitoria, Bilbao, Pamplona, A Coruña, Valladolid e Málaga. Impartirase formación específica en ferramentas e metodoloxías de xestión e desenvolvemento que se empregan nas empresas de ASOLIF. A duración dos cursos serán un total de 275 horas distribuídas en clases de 7 horas diarias (mañá e tarde).
Admitiranse un total de 90 alumnos (15 por curso) a través dun intenso proceso de selección que se realizará durante este mes de decembro.
ASOLIF adquiriu un forte compromiso co Ministerio de Traballo para que os demandantes que superen o curso, dispoñan dunha oferta de emprego en empresas de ASOLIF de maneira prioritaria.
Todos os interesados en presentarse ás probas de selección, deben enviar un correo electrónico co seu CV antes do 30 de decembro a unha das seguintes direccións:
Fonte: ASOLIF
