Mancomún

Audacity agora inclúe LAME por defecto

Xoves, 16 Maio 2019

Audacity, ferramenta multiplataforma de son mediante a cal podes gravar, editar e montar pistas de son, acaba de anunciar a versión 2.3.2, que corrixe varios erros e trae estas melloras: agora inclúe o codificador de mp3 LAME, novo botón no panel de pistas para seleccionar toda a pista, Audacity mod-script-pipe para manexar Audacity desde Python, o instalador de complementos para Nyquist agora proporciona un explorador de arquivos para seleccionar os arquivos deste tipo.
Máis información aquí.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal