Audacity (editor de son de código aberto e multiplataforma), anunciou a súa versión 2.4.1, con numerosas melloras e que corrixe un bug serio da recente versión 2.4.0.
Novidades da versión 2.4.0:
Agora funciona de forma nativa en Mac Catalina, nova barra de tempo, os axustes dos efectos pódense importar e exportar, novo modo de vista múltiple para pistas, engade soporte para a exportación en formato Opus, en Windows e GNU/Linux.
Novo efecto de normalización de sonoridade, novo analizador de medidas RMS, novo efecto Porta de ruído, novo efecto de eliminación espectral e moitas correccións.
Máis información na nota oficial de lanzamento
