Mancomún

Aula TIC-PEMEs organiza as I Xornadas de Aplicacións de Software Libre para Asociacións Empresaria

Martes, 8 Abril 2008
Dentro das actividades que a Aula TIC-PEMEs da Universidade de Santiago de Compostela ten previsto realizar no ano 2008, están as I Xornadas de Aplicacións Web de Software Libre para Asociacións Empresariais.

O programa é o seguinte:

  1. Xestión de Intranets e Teleformación con Moodle (11/04/2008)
  2. Xestión Documental con Alfresco (18/04/2008)
  3. Xestión das Relacións coas Empresas Asociadas con vTigerCRM (25/04/2008)
  4. Xestión de Contidos e Portais Web con Spip (09/05/2008)
  5. Traballo en Grupo e Xestión de Proxectos con eGroupWare (16/05/2008)

A inscrición é gratuita e deberá realizarse individualmente para cada sesión ata o día anterior á data de celebración da mesma. Para máis detalles da inscrición premer na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/atpemes

As sesións terán lugar de 17 a 20 horas na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal