Mancomún

Austria concederá unha bolsa de ata 200.000 euros para proxectos de código aberto

Luns, 29 Agosto 2016

O goberno austríaco concederá ata 200.000 euros para proxectos de código aberto sobre eGovernent, eHealth, eLearning, eInclusion, ou produtos e servizos comerciais. Segundo Muna Duzdar, Secretario de Estado de Dixitalización austríaco o "Open source ten efectos macroeconómicos positivos, mellorando as posibilidades de uso e desenvolvemento", explica nun comunicado para a prensa.
Austria publicou un primeiro chamamento para proxectos desta índole o pasado 27 de xullo. Na primeira rolda recibiu 50 propostas, das que 31 proxectos serán financiados cun total de 3,6 millóns de euros de investimento por parte do goberno austríaco. O prazo definitivo para a presentación de propostas nesta segunda rolda é ata o 4 de outubro.

A estratexia de dixitalización austríaca está enfocada a promover as start-ups innovadoras, e as pequenas e medianas empresas dixitais. O financiamento ten que ser, polo tanto, para as empresas e proxectos centrados na dixitalización de produtos ou servizos. A idea do goberno austríaco é que esta rolda de financiamento sirva para cubrir o custo de lanzamento dun produto ou servizo, probas ou outros custos de mellora para unha aplicación de software xa existente.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal