A OpenOffice.org 3.1 quédanlle 65 días para saír á rúa, o equipo de desenvolvemento está acabando de xestionar uns 1000 asuntos apuntados para este aplicativo, competencia directa do Office de Microsoft, que trae unha manchea de características novas, melloras e arranxos de erros.
Debuxos con suavizado (antialiasing)
Sen dúbida, a característica máis importante pedida nesta nova versión é o suavizado, que permite bordos de liñas diagonais sen distorsións.
Á esquerda OpenOffice.org 3.0, e á dereita OpenOffice.org 3.1.

Debuxo de primitivas
O que inclúe liñas, círculos, e gráficas teñen agora antialias en Calc, Draw, Impress, e Writer. O suavizado permítese agora na edición e na exportación, mais non aínda en modo de pantalla completa.
Arrastre sólido
O debuxo dos obxectos mellora coa nova característica do arrastre sólido. Antes só se mostraba un marco do obxecto; agora móstrase unha copia transparente ao 50%.

Seleccións transparentes en Writer
OpenOffice.org 3.0 trouxo selección agradábel a Calc, e OpenOffice.org 3.1 esténdeas a Writer. Pódese comparar un-texto realzado en Writer 3.0 (medio) e en Writer 3.1 (fondo):
{mosimage}
O texto salientado en OOo 3.1 debúxase cunha linda transparencia
Eixes de gráficas e etiquetas
Cando a gráfica presenta valores negativos, Calc sempre debuxaba os eixes e as súas etiquetas nos bordos de fóra. Aquilo resulta antinatural comparado co xeito en que fomos ensinados na escola: as etiquetas terían que cruzar os eixes en zero. Agora hai un conxunto novo de opcións para colocar as escalas e etiquetas onde sexa conveniente. Tómese por exemplo esta gráfica de relación entre liñas diagonais (mostrado en OpenOffice.*org 3.0 sen
suavizado):
En OpenOffice.org 3.1 configúrase a posición de eixes e escalas no novo separador do diálogo chamado Posicionamento
No novo OpenOffice.org Calc 3.1 o eixo de mapa caixa de diálogo das propiedades que mostra opcións para posicionamento do eixo, as escalas de eixo, e marcas de intervalo.
O resultado é un mapa máis familiar:
{mosimage}
O mellorado scatterplot XY en OpenOffice.org Calc 3.1 mostrando as escakas de eixo no centro (así como o mapa con suavizado)
Niveis de esquema
Os redactores técnicos poden agora definir o nivel de esquema e numeraren o estilo independentemente para cada parágrafo (ou estilo de parágrafo). Esta característica é útil para crear unha táboa de contidos sofisticada.
O novo Calc de OpenOffice.org 3.1 mostra un cadro de diálogo con propiedades para o eixe da gráfica, as etiquetas e as marcas de escala.
Resposta a notas
OpenOffice.org 3.0 introduciu notas á marxe, e en 3.1 os colaboradores poden xestionar as discusións a través desas notas. Avisa cando un texto está realzado e convértese nunha cita cando se activa a opción de resposta (coma as citación nun correo electrónico).
Botón de aumento de tamaño de tipografía
Dous botóns novos aceleran o proceso de aumento e diminución do tamaño da tipografía nas presentacións de Impress.
Verificación gramatical
OpenOffice.org 3.1 mellora substancialmente a infraestrutura de verificación gramatical. A Versión 3.0 permitía coa extensión LanguageTool proporcionar verificación gramatical do tipo mentres-se-escriben-os-erros-son-coloreados-en-azul, e agora a versión 3.1 estende a caixa de diálogo de verificación ortográfica á revisión gramatical.
Superliñado
Tal como se pode actualmente subliñar, agora poderase superliñar caracteres tamén. Aínda estraño, o superliñado pode resolver usos prácticos que inclúen repetición de decimais, segmentos de liña, física de alta enerxía, lóxica e electrónica.
Xestión de ligazóns
Cando escribes un enderezo de sitio da web, OpenOffice.org automaticamente convérteo nunha ligazón activa. Moitas persoas non saben como reconvertelo a texto regular. (Os métodos inclúen Desfacer, CTRL-Z; Formato por defecto, CTRL-M; e desactivar o recoñecemento de URL en AutoCorrección.) Agora hai un método máis obvio: o menú contextual (tamén coñecida como botón dereito do rato) presenta os novos comandos Abrir Ligazón, Editar Ligazón, Copiar Ligazón, Copiar enderezo de ligazón e Eliminar ligazón).
Aceptación de cambios rexistrados
Os colaboradores terán un novo menú contextual que facilita a aceptación ou rexeitamento de cambios gravados.
Control de medios de presentación
Ata agora OpenOffice.org permitía reproducir calquera película ou audio cando o se abría o control deslizante, mais Impress 3.1 pode comezar, pausar e parar o medio usando de modo flexíbel efectos animados personalizados.
Melloras nas saídas de ordenación
A – B – C – D – E – F – G. Pensaríase non hai moito que facer xa con ordenacións, mais OpenOffice.org 3.1 trae nada menos que catro melloras para a ordenación de celas en Calc. As notas feitas en celas mantéñense unidas a elas, identificando a columna predeterminada nos botóns da barra de ferramentas ordenada, ordenando non só as cabeceiras das columnas. En versións anteriores, a inestábel ordenación producía resultados aleatorios en certas situacións.
Macros En Base
OpenOffice.org Base consegue un pulo enorme agora que OpenOffice.org 3.1 acepta macros nos ficheiros .odb. Ademais, as macros de Base pódense asociar a acontecementos. Axuda así a competir con Access de Microsoft, as persoas desenvolvedoras de Base aforrarán tempo e gozarán de novas posibilidades como creación de formularios de navegación (chamados switchboards Access).
Realzado de sintaxe SQL
SQL é un cidadán de primeira clase en Base. En OpenOffice.org 3.1 o editor de SQL realza a sintaxe SQL, o cal é útil para atopar erros de mecanografado como carencia de comiñas.
Camiños relativos para bases de datos
Os camiños de ficheiros de follas de cálculo e dBase que servern como bases de datos poden ser arquivadas en ficheiros .odb. Esta característica fai máis fácil de compartir estes bases de datos entre máquinas, redes, e especialmente, entre distintos sistemaas operativos.
Solución de erros
Á parte dos 800 erros arranxados en OpenOffice.org 3.1, o peor bug foi informado en 2005 sobre OpenOffice.org 2.0 beta. Outro serio erro, agora arranxado, foi introducido por OpenOffice.org 3.0. Tratábase dun ficheiro de bloqueo. O novo ficheiro de trabación non traballaba coa versión 2 de OpenOffice.org Versión 2, nin co Office de Microsoft, ou calquera aplicación distinta de OpenOffice.org 3, así que OpenOffice.org 3.1 reintroduce o ficheiro que pecha ao nivel de sistema operativo (ademais dun seu ficheiro propio que pecha o sistema baseado en ficheiros escondidos).
Desde o blog OpenOffice.org Ninja
