Ainfogra preséntase coma un proxecto dirixido a introducir o Software Libre no mundo rural a través da difusión, formación e desenvolvemento de software destinado á xestión integral de explotacións agrarias.” O proxecto conta co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.Este proxecto vén de publicar os seus resultados que se resumen en:
- Creación do Software de Xestión Integral de Explotacións AgroGandeiras – Ainfovac:
Nos obxectivos do proxecto estaban a creación de Software Libre adaptado ao eido rural, e nesa liña presentan AinfoVac, un software de xestión integral de Explotacións Agrogandeiras baixo licencia GNU/GPL, e polo tanto libre e totalmente gratuíto.
Dende a páxina web do proxecto pódese acceder as instrucións de instalación desta aplicación así como a documentación da mesma. - Manuais formativos (hardware, Ubuntu, OpenOffice.org, Ainfovac, etc)
- Videotitoriais Ainfovac
- …
Ademais durante o ano 2006 e 2007 formouse e estase a formar a 50 profesionais e futuros profesionais do sector AgroGandeiro no uso e manexo de Sistemas Operativos Libres até a xestión integral da empresa agrogandeira a través do software de xestión AinfoVac.
Máis información na páxina do proxecto:
http://www.ainfogra.com
