Mancomún

Avances na internacionalización do proxecto gvSIG

Martes, 5 Maio 2009

gvSIGO gvSIG continúa crecendo grazas a un importante esforzo da súa comunidade para levar a cabo a tradución de toda a documentación do proxecto ao maior número de idiomas posíbel.

Na web de gvSIG podemos atopar varias novidades,das cales xa están finalizadas:
  • O manual para desenvolvedores de gvSIG, 1.1 en inglés.

  • O manual de usuarios de gvSIG 1.1 en italiano(tamén dispoñíbel en pdf)

Recentemente, anunciouse a finalización da tradución ao ruso do manual de usuarios e, en breve, incorporarase á web de gvSIG. Tamén podemos atopar moi avanzada a tradución do manual de usuarios de gvSIG 1.1 en alemán e en francés.

Dende gvSIG consideran que a tradución da documentación é un apartado clave para a difusión do proxecto. Por iso animan a todos aqueles que queiran colaborar neste sentido, a que contacten con gvsig@gva.es.
O gvSIG é unha ferramenta orientada ao manexo de información xeográfica con precision cartográfica. Caracterizase por unha interface amigábel, sendo capaz de acceder aos formatos máis usuais de forma áxil tanto ráster como vectoriais. Integra, nunha vista, datos tanto locais como remotos, a través dunha orixe WMS, WCS o WFS.

Está orientada a usuarios finais de información de natureza xeográfica, sexan profesionais ou de Administracións públicas (concellos, deputacións, consellerías ou ministerios) de calquera parte do mundo. Hai que resaltar que a interface do gvSIG podémola atopar tamén en galego.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal