Mancomún

Axudas TIC destinadas a entidades sen ánimo de lucro

Venres, 23 Xaneiro 2009
O pasado día 16 de xaneiro saíu publicada no DOG a orde de axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento e implantación da sociedade da información en Galiza.
Estas axudas foron  presentadas o pasado día 8 por Fernando Blanco, titular da Consellería de Innovación e Industria. Dada a importancia destas axudas para a promoción das TIC na sociedade galega, e en particular, do software libre, presentamos a continuación un resumo dos puntos máis relevantes para a súa solicitude.
Obxecto:
Impulsar a realización de actuacións de difusión, de sensibilización e formativas, así como promover a produción e difusión de contidos dixitais en lingua galega, relacionados especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios:

Entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas. Quedando expresamente excluídas:

  • As administracións públicas previstas no artigo 2.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • As universidades públicas ou privadas.
  • As asociacións de comerciantes, xa que se apoian estes aspectos desde a Dirección Xeral de Comercio
  • As cámaras de Comercio, Industria e Navegación

Prazo e presentación de solicitude:

Prazo de presentación até o 20 de febreiro de 2009 incluído.

Forma de presentación:

  • Formato electrónico ante o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia.
  • Por escrito (en soporte papel) no Rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña)

Características da subvención:

  • Importe máximo: 85% do custo total das actuacións subvencionábeis cun máximo de 45.000 euros.
  • Subvención compatíbel con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais sempre que o importe total non supere o custo das actividades subvencionadas.

Liñas de actuación subvencionábeis:

  • Liña A: Actuacións de promoción e difusión da sociedade da información.
  • Liña B: Actuacións formativas dirixidas á cidadanía en xeral.
  • Liña C: Actuacións formativas especializadas, no ámbito das TIC.
  • Liña D: Actuacións formativas dirixidas ás Pemes.
  • Liña E: Xeración de contidos dixitais.

Gastos subvencionábeis

  • Gastos de difusión e promoción, así como a elaboración de material para promoción, tales como catálogos e folletos.
  • Gastos asociados aos relatores ou profesores (máximo por relator: 300 euros por curso e 300 euros para desprazamento e axudas de custo).
  • Gastos de persoal contratado exclusivamente para o proxecto ou actuación sempre que antes da solicitude o persoal contratado non formase parte da nómina da entidade solicitante.
  • Gastos asociados á organización do curso ou evento tales como alugueiro de locais e/ou mobiliario, limpeza e seguridade, durante a realización do evento.
  • Gastos de elaboración de materiais, tales como manuais, relatorios, etc.
    Outros gastos suplementarios, directamente derivados da actuación perfectamente xustificados e fundamentais para o seu desenvolvemento. Gastos de conexión á Internet (só durante a realización do evento).
  • Gastos de adquisición de periféricos que permitan o acceso de persoas con discapacidade á interacción cos equipos informáticos. (Para asociacións de persoas con diversidade funcional).
  • No caso de eventos, os gastos derivados do mantemento de páxinas web durante o tempo da súa realización e durante os 6 meses posteriores para difusión dos resultados.
  • Para difusión de contidos dixitais: gastos de xeración de novos contidos dixitais, así como os gastos de dixitalización de contidos xa existentes, a súa indexación e a súa posta en servizo. Gastos de elaboración de páxinas web, así como os gastos de campaña de difusión dos contidos na Internet

Criterios de valoración:

  1. Repercusión social do proxecto: até 25 puntos
    1. Liñas A, B, C, D: orientación a colectivos con especiais dificultades de integración na Sociedade da Información.
    2. Liña E: oportunidades de creación dos contidos que se propoñen ou da preservación e difusión dos xa existentes que se dixitalicen de ser o caso.
  2. Emprego e difusión do software libre: até 25 puntos
  3. Valoración da viabilidade e desenvolvemento temporal do proxecto: até 15 puntos
  4. Adecuación ou valoración: até 10 puntos
    1. (Liñas A, B, C e D) Adecuación dos relatores, profesores e provedores aos obxectivos da orde con especial incidencia na súa traxectoria profesional ou solvencia técnica.
    2. (Liña E) Valoración da calidade da proposta técnica e dos contidos.
  5. Adecuación dos investimentos aos obxectivos e actuacións da convocatoria con especial atención ao interese dos contidos e aos ámbitos de actuación. Até 10 puntos
  6. Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que a entidade solicitante manteña coa administración autonómica. Até 10 puntos
  7. Solicitude presentada sen que sexa necesaria a súa rectificación nin solicitude de documentación complementaria. Até 5 puntos

Para unha información completa sobre a forma de presentación destas axudas, prazos de concesión, forma de adxudicación, xustificación posterior… é imprescindíbel unha lectura da orde publicada no DOG.

Tamén se pode consultar a páxina no portal da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información .
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal