Mancomún

Axudas TIC para empresas

Venres, 23 Xaneiro 2009
A Consellería de Innovación e Industria, convoca tamén unha orde de axudas para as empresas que realicen investimentos durante o ano 2009 en materia de tecnoloxías da información e comunicación. Poden optar a elas tanto empresas privadas como empresarios individuais con sede en Galiza.
Estabelecen catro liñas de actuación subvencionábeis:DX

  • Infraestruturas internas das empresas
  • Aplicacións informáticas nas empresas
  • Apoio ao desenvolvemento do sector TIC
  • Formación técnica e promoción do sector das TIC
Estas axudas, como as de anos anteriores, achegan un 10% máis de subvención para aqueles proxectos baseados en solucións de código aberto, polo que animamos ás empresas galegas de software libre a concorrer a elas.
GaliciaPMSO portal GaliciaPMS, na súa sección LaboratorioPMS, fixo un excelente resumo dos aspectos máis destacábeis das axudas con cumprida información sobre como facer a presentación.
 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal