Mancomún

Balance do Aula CeMIT de Celanova

Mércores, 24 Agosto 2016

Logotipo CeMITO Concello de Celanova acaba de publicar os datos do balance do que foi o ano 2015 para a aula CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do mesmo concello integrada na Rede CeMIT de Galicia.

O resultado do peche do ano 2015 cun total de 112 novos usuarios na Aula CeMIT de Celanova, que sumados aos existentes, fan un total de 825. A análise dos datos tamén amosa un maior uso por parte de mulleres, 58% en fronte do 42% en homes. A media de idade dos usuarios da aula é de 43 anos, e cuns porcentaxes de coñecementos do 32% sen coñecementos, un 30% con coñecementos moi básicos e xa nun 35% con coñecementos a nivel usuario e só un 3% usuarios con coñecementos avanzados.
A aula impartiu 64 actividades formativas, entre cursos, charlas, seminarios e videoconferencias que suman un total de 913 horas formativas de diversa temática e niveis.

Cabe destacar a natureza dunha parte importante do contido impartido, no que a formación de temática de Software Libre predomina. Así, durante o ano 2015, impartíronse cursos como o de “Desenvolvemento de páxinas web con WordPress e Blogger”, “Ofimática en Software Libre”, “Edición de imaxes e video”, “Seguridade TIC”, “Contabilidade para pequenas e medianas empresas”, “ Desenvolvemento de aplicacións con Angular.js”, “A terceira plataforma tecnolóxica; cloud, mobilidade…”.

Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

A Rede caracterízase pola impartición de actividades formativas no eido da alfabetización dixital e do emprendemento.

Conta coa colaboración de 92 concellos galegos. Está integrada por 98 aulas, chegando a todos os puntos da xeografía galega, de tal xeito que todo galego/a ten un aula a media hora de distancia do seu fogar e pode acceder á formación dende calquera punto.

Todas as aulas están equipadas con última tecnoloxía, internet y sistemas de videoconferencia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal