Battle for Wesnoth é un xogo de estratexia por quendas nun mundo de fantasía, co que poderemos xogar completas campañas ou botar partidas en modo multixogador. Foi publicada a primeira versión da nova rama estable de Wesnoth, trátase da 1.4.0 e inclúe unha extensa cantidade de melloras para este xogo. Na súa web oficial hai unha completa guía traducida ao español con todas as novidades cumpridamente detalladas. Agora mesmo tamén se está a traballar dende a forxa de mancomun.org na súa tradución ao galego deste xogo, baixo licenza [[GPL]].
Podemos destacar aquí a modo de resumo:
- Sete novas campañas (unha completamente nova e outras seis revisadas e melloradas).
- Redeseño de varias partes da interface de usuario, para un aspecto máis agradable e unha maior información.
- Logo de cada partida aparecerá unha pantalla de estatísticas completa, na que poderemos cambiar algunhas opcións e falar cos outros xogadores.
- Engadíronse algúns mapas multixogador e revisáronse unha longa lista deles.
- Realizáronse diversos cambios en unidades, balanceado as súas características e engadido animacións.
- Engadíronse e mellorado numerosos retratos, en especial os relacionados coas unidades élficas.
- Melloras no salón de xogo multixogador.
- Novas cancións engadidas á banda sonora e efectos de son.
- O editor de mapas mellorouse moito, e agora é posible crear campañas multixogador (aínda que aínda non hai ningunha creada).
Fonte: Linuxjuegos.com
