Mancomún

BBpress traducido ao galego

Luns, 29 Decembro 2008

O sistema de blogues BBPress  vén de ser traducido ao galego na súa versión 1.0.4 Alpha grazas á labor realizada polo equipo de egalego.com.

Segundo informan na propia páxina da iniciativa, o proceso de tradución de BBPress ao galego é o seguinte:

Descarga o ficheiro da tradución e descomprímeo no teu ordenador
Sube o arquivo ‘gl_ES.mo’ ó cartafol ‘/bb-includes/languages/’ (se non existe creao)
Modifica o ficheiro de configuración de bbPress (bb-config.php) e cambia esta liña …

define(‘BB_LANG’, ”);

por esta outra …

define(‘BB_LANG’, ‘gl_ES’);

egalego é unha comunidade de axuda ao webmaster galego e a todos os usuarios que desexan ter o seu pc en galego, fornecendo traducións ao galego das aplicacións informáticas máis empregadas.

Fonte: egalego.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal