Mancomún

Berlín acollerá en xuño unha Conferencia Mundial de Localización

Xoves, 14 Maio 2009

Logo da LCWOs vindeiros días 8, 9 e 10 de xuño terá lugar en Berlín, a Alemaña, a Localization World Conference, sobre a as industrias da lingua e a localización; o leit-motiv "Know-how for Global Success", estrúturase en catro áreas (tracks):

    * Mellores prácticas nos negocios globais (Global Bussines Best Practices)
    * Xestión de sitios globalizados (Managing Global Websites)
    * Xestión avanzada de localización (Advance Localization Management)
    * Localización: competencias básicas (Core Competencies)

Estas catro áreas trataranse nos tres días que duran as conferencias malia  que o día 8, o primeiro, é aberto e está máis ben dedicado a seminarios e grupos de traballo.
Entre o amplo conxunto de relatores están moitos que representan á marioría das empresas e negocios relacionados coa adaptación e produción de todo tipo de produtos tanto materiais como tecnolóxicos ou científicos desde a perspectiva do multilingüismo; e, entre os patrocinadores da conferencia, tamén están empresas como Welocalize, patrocinador do primeiro Localization Genius Quiz, que ofrece servizos integrados de globalización para prepararar produtos, sistemas e recursos de negocios para os mercados internacionais.

Welocalize ofrece tamén o primeiro xestor de memorias de tradución open-source (TMS GlobalSight). Precisamente sobre este software con licenza Apache se falará nun dos seminarios a modo de preconferencia aberta dentro deste Localization World Berlin 2009.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal