Liberada a versión beta de Ubuntu Mate 18.04 LTS con soporte para Raspberry Pi 3 Model B+, coa idea de optimizar a compilación da placa sen sacrificar a contorna de escritorio completa de Ubuntu Mate.
Algunhas das vantaxes da beta:
- Soporte para Raspberry Pi 2 e 3 Model B.
- VLC e ffmpeg teñen codificación de vídeo asistido por hardware.
- Kernel de Ubuntu, con soporte directo do equipos de desenvolvemento.
- Expansión do sistema de arquivos online automático.
- Soporte para Ethernet, Wifi e Bluetooth (cando estean dispoñibles).
- Saída de son por jack analóxico ou HDMI.
- Soporte para inicio por USB.
