Mancomún

BleachBit, aplicativo para eliminar ficheiros innecesarios e axudar a protexer a súa privacidade

Martes, 23 Xuño 2009

imaxe bleachbit BleachBit é un aplicativo que axuda a manter libre de ficheiros innecesarios o seu computador, aforrando espazo en disco e, ao mesmo tempo, mantendo a súa privacidade. BleachBit axúdalle a desfacerse dos ficheiros vellos das memorias caché, do historial de internet, ficheiros temporais, ficheiros de idiomas non usados, cookies, etc…

Ademais, está deseñado para computadores con Linux, e nestes é capaz de limpar os ficheiros temporais de Adobe Reader, Bash, Beagle, Chrome, Chromium, Epiphany, Firefox, Flash, gFTP, Java, KDE, OpenOffice.org, Skype, X Chat, Second Life e moitos máis..

A última versión que acaba de saír tamén inclúe filtros de limpeza para Pidgin, Miro, Nexuiz, gedit e máis.

Algunhas das opcións máis destacadas son:

  • Borrado seguro de ficheiros que sobrescribe os ficheiros de maneira que resulte imposíbel a súa recuperación.

  • Avisos cando se selecciona o borrado da base de datos de marcadores de Firefox, que inclúe os marcadores (de xeito predeterminado, Firefox inclúe o historial de navegación e os marcadores nun mesmo ficheiro, e a maioría das veces a xente só quere borrar o historial de navegación e non os marcadores)

  • Posibilidade de execución desde unha chave USB.

  • Inclúe unha lista modificábel de ficheiros temporais que non debe borrar: /tmp, os ficheiros de bloqueo de VirtualBox, ficheiros especiais de KDE, Wine, etc…

Máis información e descargas na páxina orixinal do proxecto:Páxina de BleachBit

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal