Mancomún

Blender 2.81

Xoves, 28 Novembro 2019

A Blender Foundation lanzou Blender 2.81 (programa libre multiplataforma para modelado, iluminación, renderizado, animación, creación de gráficos 3D, edición de vídeo, escultura e pintura dixital).

Chega con máis de mil correccións e varias actualizacións importantes, revisión das ferramentas de escultura, compatibilidade co trazado de raios RTX de NVIDIA, melloras na interface de usuario e na navegación de arquivos, adición de novas ferramentas, novo modo de redución de ruído despois do renderizado co motor Cycles, novo modo de sombra suave e capacidade de usar transparencia ao sombrear co motor de renderizado Eevee.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal