Mancomún

BlueJ e Greenfoot, dúas ferramentas de aprendizaxe de Java, saen baixo licenzas libres

Martes, 10 Marzo 2009

http://www.greenfoot.org/images/logos/greenfoot-64.jpgBlueJ e Greenfoot acaban de ser liberados baixo a licenza GPLv2. Así o anunciaron o pasado 4 de marzo os creadores dos dous aplicativos. 

BlueJ e Greenfoot son dúas ferramentas orientadas á aprendizaxe da linguaxe de programación Java. BlueJ é un editor/compilador e depurador de código que representa de xeito automático as relacións entre clases mediante diagramas de clases tipo [[UML]]. Mentres que Greenfoot é un contorno de deseño de interfaces, de manexo sinxelo, atractivo e intuitivo que permite asimilar os conceptos da programación orientada á obxectos ([[POO]]).

A idea baséase nun contorno de aprendizaxe sobre o cal se poden desenvolver “marcos de traballo” (frameworks) temáticos. O contorno proporciona visualización en 2D de obxectos e a posibilidade de inspección dos mesmos. Por exemplo, existen marcos de traballo preprogramados que simulan o movemento dun animal por un bosque, un robot, etc…

Sobre estes obxectos, os alumnos constrúen obxectos e programas en Java que interactúan cos do marco de traballo. Greenfoot proporciona a animación dos obxectos en 2D. Desta maneira os novos estudantes poden habituarse á dinámica das aplicacións construídas con obxectos.

Ligazóns de interese:
Páxina de BlueJ: http://www.bluej.org/index.html
Páxina de Greenfoot: http://www.greenfoot.org/
Documentación de Greenfoot: http://www.greenfoot.org/doc/tutorial.html
Páxina de demostracións: http://greenfootgallery.org/

 

Fonte da nova:
http://latecladeescape.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal