Mancomún

Blusens lanza o seu primeiro portátil e ponlle Linux

Luns, 26 Xaneiro 2009

Chámase FreePC e trátase da primeira incursión neste segmento informático do fabricante compostelán. Segundo asegura a empresa ‘está pensado e deseñado para satisfacer por igual as necesidades de traballo, entretemento e comunicación dos usuarios’.

FreePC_10P, primeiro ordenador portátil de Blu sens FreePC_10P, primeiro ordenador portátil de Blusens

O FreePC segue a pauta de hardware habitual nestes portátiles de pequeno tamaño e reducido custo. Incorpora un microprocesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, un disco duro de 120 GB e 1 GB de memoria RAM de tipo DDR2. A novidade no FreePC é o seu monitor, de 10,2 polgadas, lixeiramente máis grande que o doutros modelos da competencia, e a incorporación dunha rañura de expansión para tarxetas ExpressCard de 34mm.

Dispón, así mesmo, de tres portos USB, conexión Ethernet, lector de tarxetas múltiple (SD/MMC/MMC), webcam de 0,3 MP e conectividade WiFi. A batería é de catro celas cando o habitual na maioría de Netbooks é que sexa de tres celas. Isto, segundo o fabricante, outórgalle unha autonomía de catro horas de funcionamento.

A pesar de que as características son algo superiores a outros Netbooks da mesma gama, Blusens non sacrificou nin o peso contido nin o tamaño. O FreePC pesa tan só 1,3 quilos e mide 26 x 20x 3.5 centímetros. Grazas ás dimensións da pantalla o teclado é amplo e de teclas máis grandes que outros computadores da mesma gama. Para rematar, os deseñadores coidaron o aspecto externo do dispositivo que se presenta en azul ou en branco.

O FreePC vén co sistema operativo Linux preinstalado. Pero será tamén compatíbel tamén con Windows XP e Windows Vista. Blu:sens non anunciou aínda o prezo final do FreePC nin o momento en que se estará dispoñíbel nas tendas.

Fonte: A Nosa Terra

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal