Chégannos novas sobre o fabricante alemán. Segundo varias fontes , BMW estaría a desenvolver unha plataforma de software aberto para sistemas electrónicos de vehículos, enfocada por exemplo na asistencia ao condutor, ou no ocio.
A plataforma , baseada en Linux, tería sido creada por BMW, Wind River Systems e Intel.
A marca alemá estaría invitando a outros fabricantes a unirse a esta iniciativa, con resultados dispares. BMW, Chrysler, Ford, General Motors e Honda participaron a comezos de ano nunha mesa redonda sobre a electrónica na industria automovilística. De entre estes participantes, só BMW manifestou a súa aposta por esta plataforma aberta.
Honda e Ford empregan sistemas de Microsoft. En Chrysler cren na “necesidade de seguir os plans para obter un kit de desenvolvemento de software de fonte aberta que se ofreza ós asociados”. E, dende General Motors estáse a considerar a posibilidade, e tomarase unha decisión “nos próximos meses”
