BOINC é unha infraestrutura para [[computación distribuída]], que ten a súa orixe no proxecto SETI@home e actualmente é desenvolvida por un grupo de investigación de Berkeley, da Universidade de California. BOINC está pensada para usar o tempo de inactividade do seu computador (independentemente da plataforma) para curar enfermidades, estudar o quentamento global, e outros moitos tipos de investigación científica.
A finalidade última desta infraestrutura é axudar no traballo de computación en campos como física, medicina nuclear, climatoloxía, etc… Tendo en conta que moitos dos proxectos científicos que se están levando a cabo hoxe en día requiren dunha gran potencia de cálculo, esta potencia podería ser obtida dos computadores domésticos que, libremente postos a disposición da comunidade investigadora a través de internet, realizarían os cálculos necesarios para a culminación de certas investigacións.
BOINC utiliza os ciclos da CPU do computador que quedan libres para doalos ao proxecto que vostede elixa. Hai dispoñíbel un listado moi completo dos proxectos aos que calquera se pode unir e que inclúen distintas ramas da ciencia como a bioloxía, ciencias da terra, física, astronomía, matemáticas, etc…
