Mancomún

'Boom' do OpenOffice.org na administración belga

Xoves, 15 Outubro 2009

OSORVisto na páxina do Observatorio e Repositorio de Software Libre europeo (OSOR):

“En Bélxica, o número de administración públicas que usan a suite ofimática OpenOffice.org está crecendo a pasos axigantados e consecuentemente o uso do formato de documentos aberto ODF (ISO/IEC 26300:2006)”

Diversas axencias e centros públicos da administración belga xa adaptaron os seus aplicativos para o traballo co formato ODF hai uns anos e espérase que en breve, outros organismos se unan a esta iniciativa.

Nun evento organizado polo centro de recursos en software libre e estándares abertos dos Países Baixos, un portavoz dunha das axencias belgas, comentaba que “Inmediatamente, recoñecemos as vantaxes do uso de ODF”

Outro éxito recente obtívose na administración da cidade de Schoten, onde o concello é moi coñecido pola súa posición favorábel á implantación de software libre, e onde, o pasado verán, migraron á suite ofimática OpenOffice.org. Ademais, o departamento de novas tecnoloxías doou á comunidade de OpenOffice.org todo o material de formación que se xerou para formar ao persoal en OpenOffice.org (en total, máis de 50 vídeos de como se usa o editor de textos Writer do OpenOffice.org)…
Máis información na fonte orixinal en inglés:
http://www.osor.eu/news/be-openoffice-boom-in-belgium

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal