Despois da boa acollida que tiveron na súa estrea o ano pasado, o GPUL volve a lanzar de novo os seus GPUL Labs, unha actividade que ten por obxectivo xuntar a desenvolvedores e membros da comunidade maker para aprender novas tecnoloxías e realizar proxectos de Software Libre.
O pasado ano máis de 450 asistentes pasaron por as diferentes actividades que compuxeron a edición de 2016, entre charlas e 2 hackathons, nos que xurdiron ata 10 proxectos diferentes e contouse con 3 patrocinadores internacionais e ata 8 empresas colaboradoras.
A convocatoria para este ano xa está lanzada e en caso de querer participar cunha charla, colaborar coa iniciativa ou patrocinala, xa se pode visitar a súa páxina web e o repositorio mediante o que se coordina toda a actividade.
Esta actividade realizase ao abeiro do convenio de colaboración entre as Asociacións de Usuarios de Software Libre e a AMTEGA para a difusión do software libre en Galicia.
