A pasada fin de semana, do 16 ao 18 de Novembro, tivo lugar en Zaragoza a Akademy-es 2007. A conferencia, organizada por Hispalinux, Wireless Zaragoza e o concello de Zaragoza, estaba especificamente orientada a desenvolvedores de KDE e usuarios de toda España.
Estas son as impresións recollidas por un dos participantes na mesma, Aleix Pol, mantedor do paquete educativo Kalgebra:
“A conferencia comezou o sábado pola mañá moi cedo e consistiu en diversas charlas de membros da comunidade KDE. Pau García presentou CMake e varias das súas características…”
“Alex Pol presentou KDevelop 3 + CMake e tamén novas ideas para KDevelop 4. Alfredo Beaumont presentou KOffice 2 ademais de falar sobre o formato ODF e Flake. Thomas Nagy presentou a ferramenta de xeración de documentación Semantik.”
Máis información sobre o evento na páxina web oficial:
http://akademy.kde.org/
Fonte orixinal da nova:
http://dot.kde.org/1195751102/
