A asociación Bricolabs, asinante do convenio de colaboración coa Amtega para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia, ven de anunciar o evento que terá lugar o sábado 29 de setembro ás 10:30 no Museo Domus da Coruña.
Este obradoiro terá un formato de hackatón no que os asistentes van aprender a empregar diversos tecidos e compoñentes electrónicos propios desta área, así como a elaboración dun reto que unha vez finalizado se expoñerá na OSHWDem deste ano.
O hackatón estará guiado por Paola Guimerans, terá unha duración de 10 horas e está enmarcado dentro dos obradoiros previos á realización da feira tecnolóxica OSHWDem, que se celebrará na Domus o 10 de novembro.
Na páxina web do evento pode atoparse máis información sobre este, así como o formulario para o rexistro.
