Mancomún

Bulgaria establece como opción preferente a licenza EUPL para proxectos de código aberto

Xoves, 15 Decembro 2016

O goberno de Bulgaria fará hoxe efectiva a ordenanza da escolla da licenza European Union Public License (EUPL) como opción preferida para usarse nos proxectos gobernamentais de desenvolvemento de software. Esta medida adoptada permitirá aos seus proxectos a utilización de preto de dez licenzas de software libre e de código aberto compatibles aprobadas pola Open Source Initiative (OSI).

Esta ordenanza é un engadido á lei da Axencia de eGovernment deste verán e o seu repositorio de software libre. A Axenciade eGovernment foi aberto oficialmente esta semana, cando tamén se lanzou oficialmente a súa páxina GitHub.Esta axencia tamén traballará sobre as recomendacións e mellores prácticas de desenvolvemento de software detallando as liñas a seguir en proxectos de esta índole.

Bulgaria é un país ben coñecido polas compañías TIC de outsourcing como consecuencia de que o goberno ten moi poucos desenvolvedores de software entre os seus funcionarios, non sendo capaz de competir cos salarios e opcións de carreira que ofrece empresas de TIC.

Coa aprobación da Axencia de eGovernment, o goberno de Bulgaria en xuño determinou que todas as novas solucións de software para ou polo goberno deberían ser desenvolvidas coma código aberto. Ao mesmo tempo, todo o código debería ser publicado nun repositorio de código nacional, e ser replicado en GitHub, un dos repositorios de código fonte máis populares.

Antigas novas referentes ás políticas efectuadas polo goberno búlgaro en Mancomún:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal