Os estados membros da Unión Europea – Bulgaria, Francia e Reino Unido – comprometéronse a apoiar as políticas de código aberto, asinando a Declaración de París, como resultado do cuarto Global Summit of the Open Government Partnership (OGP), acontecido en París a pasada semana.
O goberno francés foi o primeiro en apoiar a política de código aberto, anunciando que ía traballar coas administracións públicas e outras partes interesadas para crear un modelo de política de código aberto, incluíndo orientacións e boas prácticas para as administracións para crear e contribuír ao software libre / código aberto.
O goberno de Bulgaria, na mesma liña, tamén se comprometeu a contribuír aos esforzos internacionais para a promoción do código aberto. O mesmo país acaba de inaugurar a súa axencia de administración en liña, cuxo obxectivo será aumentar a conciencia sobre os beneficios do software de código aberto para as administracións públicas.
O Goberno británico “segue a estar comprometida co desenvolvemento do código dun xeito aberto”. O Reino Unido amósase partidario de colaborar con socios internacionais para desenvolver un modelo de política de código aberto, compartindo abertamente as súas experiencias.
O establecemento dunha política común de código aberto do OGP é unha das súas 19 accións colectivas. Non se trata dun novo compromiso dos Plans de Acción Nacionais do OGP se non dunha consolidación a través do fomento das accións realizadas por algúns dos países membros para que máis países sexan propensos a aplicar as mesmas políticas.
