Bonita v4, tamén coñecida como Nova Bonita, é a plataforma BPM (Business Process Management) de fonte aberta, desenvolvida por Bull-OW2. Nova Bonita foi creada sobre o núcleo PVM (Process Virtual Machine), unha arquitectura novidosa resultado do acordo de colaboración estratéxica asinado en 2006 por Bull e JBoss co obxectivo de acelerar o despregamento das solucións de middleware open source para arquitecturas orientadas a servizos ( Service Oriented Architecture, SOA) en Europa e colaborar en actividades de I+D, integración de sistemas e servizos de asistencia.
Nova Bonita, presenta un roadmap innovador que a posiciona como a primeira plataforma BPM Open Source, á altura da maioría dos produtos comerciais. Entre as funcionalidades previstas para vindeiras versións salienta o lanzamento dun nuevo editor de procesos ‘BPM Studio’ máis potente e intuitivo, e o lanzamento de ‘BPM Web Applications’ para a creación automática de aplicativos web baseadas en procesos. Acaba de saír a súa nova versión 4.1.1 a mediados do pasado mes de maio.
Características e beneficios
Nova Bonita incorpora ferramentas gráficas de desenvolvemento e de administración moi intuitivas e sinxelas de usar, que facilitan a creación, integración e implantación de solucións e aplicativos BPM.
Nova Bonita está baseada totalmente en estándares, é totalmente adaptábel ao contorno e arquitectura do sistema onde se queira utilizar: tanto en contorno Enterprise -funcionando cun servidor de aplicativos (seguindo a tecnoloxía J2EE)- como nun aplicativo Java común (seguindo JSE). É compatíbel coa práctica totalidade das bases de datos do mercado, e incorpora todos os compoñentes necesarios para converterse na peza principal das arquitecturas SOA.
Entre os casos de éxito citados por CENATIC no uso desta plataforma cabe destacar a referencia do Goberno de Xenebra, cunha instalación de máis de 20 servidores con alta dispoñibilidade, dando servizo a máis de 200.000 procesos diarios. En España, teñen especial relevancia as solucións converxentes coa lei 11/2007 (CENATIC ofrece un estudo a este respecto) entre as que se encontra a implantación de Nova Bonita como motor BPM en administracións de Castela-A Mancha, Ministerio de Cultura, Goberno de Canarias, e administracións locais en Madrid, Galicia, Cataluña e la Comunidade Valenciana.
Bull e OW2
Bull prové solucións de infraestrutura abertas: como fundador de OW2 – primeiro consorcio mundial dedicado ao middleware aberto – e socio de de JBoss/Red Hat en Europa, enfócase en aplicativos clave (e-administración, banca, telecomunicacións, automatización postal…).
Bonita e Orchestra son proxectos dispoñíbeis ao 100% en fonte aberta nos termos estabelecidos pola licenza LGPL. Bull SAS é o actor clave no desenvolvemento tanto das solucións Bonita como das Orchestra e prové un conxunto de servizos profesionais que inclúen asistencia mundial, formación e experiencia no que o software NovaBPM pode facer. Outras contribucións do consorcio OW2 son INRIA, eXo Platform, EBM Websourcing e unha activa comunidade de código aberto.
Máis información sobre Orchestra: http://orchestra.ow2.org,
Máis información sobre Bonita: http://bonita.ow2.org
Fonte: Bull vía Cenatic
