Mancomún

BulmaGés: software de xestión empresarial para a PEME

Xoves, 29 Outubro 2009
bulmagesBulmaGés é unha aplicación modular que pretende cubrir as necesidades de xestión empresarial de calquera pequena e mediana empresa ou asociación, e está concibida de xeito modular como unha ferramenta composta de distintos módulos:
  • Contabilidade (BulmaCont)
  • Facturación (BulmaFact)
  • Terminal de punto de venta (BulmaTPV)
  • e outros que se vaian elaborando…

Cada un destes módulos está pensado para funcionar de forma conxunta, aínda que se poden usar por separado sen necesitar a instalación ou execución dos demais, excepto nos casos lóxicos de dependencia. Funciona sobre calquera plataforma (Linux, Windows, etc.) e pode ser executado en local e en remoto, sen límites de licencias, empresas ou usuarios.

BulmaGés é unha desenvolvemento da asociación Iglues (“Iniciativa de Gestión Libre Universal para Empresas y Sociedades”), asociación sen ánimo de lucro, constituída no año 2004 e formada co obxectivo de introducir ás empresas (especialmente á PEME) nas alternativa do software libre de xestión…
Segundo eles mesmos manifestan: "aínda que os obxectivos da asociación son moi amplos, actualmente estamos centrando o noso esforzo de desenvolvemento, difusión e promoción nunha aplicación empresarial, BulmaGés, que pretende cubrir as necesidades da xestión da pequena e mediana empresa."

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal