Segundo un estudo da empresa Black Duck Software que monitorizou uns 180.000 proxectos de software, case a metade dos novos proxectos de software de código aberto foron creados na linguaxe de programación C .
En total, o 47 por cento dos 17.000 novos proxectos empregaron C. Un 28 por cento empregou Java como linguaxe.
Tamén segundo este informe, a maioría destes proxectos empregaron máis dunha linguaxe.
Dentro das linguaxes de scripting, a máis empregada foi JavaScript , cun 20 por cento, seguida por Perl cun 18 por cento.
A gran sorpresa foi o pouco uso relativo das linguaxes PHP , Python e Ruby . Só o 11 por cento de proxectos empregou a linguaxe PHP, mentres que Ruby foi empregado nun 6 por cento de proxectos. Python nin sequera aparece nesta lista de linguaxes máis empregadas.
Fonte: The Register.
