Mancomún

Cabozo, un novo punto de encontro en software libre para a comunidade galega

Martes, 10 Febreiro 2009
CabozoOs emigrantes galegos pero, en xeral, toda a comunidade galega dispón dun novo punto de encontro para manter o contacto coas súas persoas achegadas. Chámase Cabozo e que, como reza na súa páxina web, ten como obxectivo “crear grupos públicos ou privados, chatear, compartir novas de interese, contar o que estás a facer ou pensar, compartir imaxes, arquivos ou eventos coa túa familia, amigos, mozo/a…ou con quen ti queiras”

A páxina, creada por un emigrante en Alemaña -Antonio Mariño-, está redactada integramente no noso idioma e baseada exclusivamente en tecnoloxía aberta -programado en PHP e correndo sobre un Linux CentOS con Apache e MySQL. No que ao código se refire, este será liberado unha vez se introduzan as melloras e se arranxen os erros que, segundo o seu autor, están actualmente en marcha.

O proxecto Cabozo, a piques de cumprir tan só un ano de existencia, configúrase xa como unha nova comunidade web galega que, de seguro, comezará axiña a gañar persoas usuarias.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal