Mancomún

Caceres acollerá en 2009 a reunión anual de desenvolvedores de Debian

Luns, 15 Decembro 2008

A cidade de Cáceres será a sede da novena reunión anual de desenvolvedores de Debian, Debconf, que se celebrará o vindeiro 2009. A candidatura foi presentada este ano en Edimburgo (vídeo, vídeo en alta calidade) sendo considerada unha das mellores opcións para a DebConf9 (vídeo promocional).

Debian, e o software libre en xeral, levan contando dende fai tempo co apoio decidido de Estremadura. A DebConf8 celebrarase o vindeiro ano na cidade de Mar da Plata, en Arxentina, entre os días 2 e 17 de agosto.

Ademais de numerosas charlas técnicas, sociais e políticas sobre Debian, DebConf ofrece unha oportunidade para que desenvolvedores, colaboradores e outras persoas interesadas poidan reunirse en persoa, coñecerse e traballar xuntos.

Fonte: Barrapunto

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal