{mosimage}Un estudo revela que cada vez máis empresas migran os seus sistemas Unix comerciais a solucións baseadas en Linux. Parece que os protagonistas da vella garda como AIX, HP-UX ou Solaris están a perder terreo ante as boas prestacións de GNU/Linux.
Demóstrao un estudo realizado para coñecer as tendencias que se manexan no mercado de SAP, un potente ERP instalado en multitude de centros de datos e servidores. Estas máquinas están dotadas de sistemas operativos que tradicionalmente eran Unix comerciais (AIX, HP-UX, Solaris, etc), pero as empresas están a apostar cada vez máis pola migración a Linux.
De feito, o 68,2% dos servidores que migran a Linux fano desde algunha versión dun Unix comercial. HP-UX é o que máis perde (un 40,9% deses servidores cambian a Linux), e tamén é salientábel o feito de que os servidores Windows representen un 13,6% da migración de sistemas SAP a máquinas con Linux. O custo e a independencia do vendedor son as razóns máis relevantes nestes casos.
