Calendula é unha aplicación de software libre para android, feita en Galicia e premiada co Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre na edición do ano 2016.
Esta aplicación é un asistente para a xestión da medicación, enfocada en axudar a tomar correctamente o tratamento, ou incluso axudarlle a outras persoas a levar un tratamento de forma correcta.
Algunhas das novidades introducidas na versión 2.5 son: Melloras no sistema de alarmas (notificación insistente, escolla de ton), control de stock de mediación con alertas, melloras na seguridade e privacidade con bloqueo de PIN ou pegada.
Calendula está traducida tanto ao galego coma ao español e podes descargar a última versión dende a tenda de Google, dende F-Droid ou mesmo dende GitHub.
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
