Mancomún

Calibre 3.40.1 trae novas características

Mércores, 27 Marzo 2019

Calibre é un xestor de libros electrónicos potente e fácil de usar, completamente libre e de código aberto. Pensado tanto para usuarios ocasionais como para expertos.

Características destacadas:

  • Administración de coleccións de libros electrónicos.
  • Pódese usar en diferentes plataformas (Windows, Linux, macOS).
  • Visor de libros electrónicos completo.
  • Posibilidade de descargar noticias e revistas desde a web.
  • Pódese compartir a nosa biblioteca con outras persoas.
  • Permite a modificación dos libros.

Ademais, dispoñemos dunha gran cantidade de material de axuda, así como manuais e vídeo titoriais cos que poder aprender dunha forma sinxela o seu uso: https://calibre-ebook.com/es/help

Novidades da versión 3.40.1:

  • Uso de markdown 3.0 para o resaltado de códigos e a puntuación intelixente.
  • Edición dos identificadores do libro.
  • O servidor de contido agora permite especificar unha URL personalizada para procuras na internet.
  • Novas opcións no navegador de etiquetas.
  • Permite agregar arquivos aos rexistros de libros seleccionados desde o portapapeis.
  • En Windows agora permite configurar o calibre para que se execute no inicio da computadora.
  • Correccións de varios erros.

 

Máis información: https://calibre-ebook.com/es/whats-new

Fonte da imaxe: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Calibre_logo_3.png

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal