Mancomún

Cambio de CEO en SUSE

Venres, 9 Agosto 2019

SUSE anunciou fai uns días a substitución de Nils Brauckmann por Melissa Dei Donato como nova CEO da firma alemá. O obxectivo de SUSE é seguir crecendo e expandíndose con esta incorporación.

Melissa xa comezou a exercer as súas funcións e comentou:

“SUSE atópase nun momento de cambio histórico, xa que o software de código aberto é agora unha parte fundamental da estratexia comercial principal de calquera empresa en crecemento. Estamos ben posicionados para ser líderes deste cambio, grazas á nosa capacidade de impulsar a transformación dixital para os nosos clientes ao seu propio ritmo con solucións de código aberto áxiles e de grao empresarial. O que é indiscutible é a nosa capacidade ilimitada para ofrecer valor á nosa comunidade, clientes, socios e accionistas, todos eles son claves no éxito de SUSE. A pesar do emocionante que foi o crecemento e a innovación de SUSE nos últimos anos, apenas estamos a empezar”

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal