Máis de mil programadores de software libre de todo o mundo convertirán desde hoxe ata o vindeiro 7 de xullo á illa de Gran Canaria nun importante punto de referencia no mundo do código aberto coa celebración do Gan Canaria Desktop Summit 2009. Este encontro simultaneará a organización de dous congresos, correspondentes ás dúas maiores comunidades que desenvolven contornos de escritorio para Linux (KDE e GNOME), e que por primeira vez buscarán tamén espazos de traballo en común.
Á Gran Canaria Desktop Summit asistirán os mellores programadores do mundo, así como empresas de gran recoñecemento como IBM, Google ou Nokia, ou estudantes e profesionais -entre eles unha importante representación dos integrantes da empresa galega Igalia-do sector da informática interesados nesta outra forma de entender o desenvolvemento do software.
Canarias puxou para aloxar o congreso en Gran Canaria, fronte a outras candidaturas, entre as que se atopaba á da cidade da Coruña, a cal foi presentada conxuntamente pola Universidade da Coruña, Igalia e GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux). Feito do que xa foi dando conta Mancomún no seu momento.
O obxectivo do Congreso é o de traballar en novas versións de ambos escritorios, pero está aberto a calquera outra proposta de interese para os asistentes.
Ademais de KDE, GNOME e o Cabildo de Gran Canaria, colaboran na organización do evento as dúas universidades canarias; o Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las Tecnologías de la Información y la Comunicación (CENATIC) baseadas en fontes abertas; as asociacións de empresas de software libre nacional e canaria (ASOLIF e ESLIC); a Agencia Canaria de Investigación e Innovación (ACIISI), e o IES El Rincón, ademais de numerosas empresas do sector.
Fonte: Canarias7.es
