Mancomún

Canonical convida á comunidade a participar da creación dos fondos de escritorio da vindeira Ubuntu

Venres, 17 Xullo 2009

O equipo de deseño de Canonical convoca a toda a comunidade de software libre a participar do concurso de fondos de escritorio co que se decidirán os deseños para a vindeira Ubuntu 9.10 Karmic Koala, prevista para ser publicada en outubro de 2009. Con este propósito, crearon recentemente un grupo de fotos en Flickr onde se poden expoñer as novas propostas ou simplemente visitalas.

Segundo explican nesta páxina, “no próximo lanzamento gustaríanos incluír un conxunto de fondos de escritorio de alta calidade, para o que animamos a todos a presentar imaxes que son de libre licenza CC-BY-SA e siga as directrices para a inclusión”.
Estas son algunhas das directrices estabelecidas:

  • Evite o uso excesivo do logo de Ubuntu. Ao parecer, din, “xa aparece en suficientes lugares”
  • Non empregue os números de versión. Algunhas persoas poderían ter o desexo de empregar o fondo nunha versión máis antiga de Ubuntu.
  • Evite texto, se chama demasiado a atención é probable que resulte unha mala imaxe cando sexa redimensionada. Ademais non pode traducir facilmente.
  • Teña coidado cos pequenos patróns, que poderían ser desiguais cando escala.
  • Teña presente como debe o fondo interactuar cos paneis, iconas e xanelas.
  • Mostre moderación no uso do ton de cor e o contraste. O fondo senta as bases doutros elementos, pero non é o actor principal.

Fonte:Ubuntu Artwork

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal