Mancomún

Canonical liberará Launchpad este ano

Xoves, 15 Xaneiro 2009

LaunchpadLaunchpad é o aplicativo web desenvolvido e mantido por Canonical Ltd. e usado primordialmente para o desenvolvemento de Ubuntu e os seus derivados oficiais, aínda que tamén recolle outras distribucións e proxectos independentes.

Launchpad.net está desenvolvido na plataforma Zope e até hai pouco era moi criticado por ser unha ferramenta privativa. Pero iso cambiará completamente o próximo 21 de xullo, cando a versión 3.0 de Launchpad sexa liberada completamente como software libre.

O proceso de “liberar” Launchpad comezou o pasado ano coa liberación de Storm, un mapeador para Python de obxectos-sistemas relacionais (ORM). O proceso continuará progresivamente con máis compoñentes até a data publicada.

Fonte: ¡Viva Linux!

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal