Mancomún

Canonical unificará os administradores de paquetes de software en Ubuntu Software Store.

Luns, 31 Agosto 2009

Ubuntu Software Store O máis valorado de Ubuntu é a facilidade coa que se pode instalar software de terceiros , xa que é rápido é intuitivo. Non contentos con isto, en Ubuntu queren ir máis alá, idea pola que Canonical acaba de liberar recentemente a primeira versión da Ubuntu Software Store, antes coñecida como AppCenter.

O obxectivo de Canonical é que a Ubuntu Software Store integre todas as necesidades cubertas polos demais administradores de paquetes de software baixo unha interface única e unificada. Que ofreza buscas tolerantes a erros, con información detallada de cada paquete, con demostracións interactivas de como usalo, coa seguridade mellorada para a instalación e a integración en Launchpad, co que se conseguiría almacenar as cualificacións e as revisións que reciba cada paquete por parte das persoas usuarias.
A intención de Canonical é que a Ubuntu Software Store sexa quen de substituír no próximo Ubuntu 10.04 LTS aos actuais Synaptic, Software Sources, Gdebi e cabe a posibilidade de que tamén ao Update Manager. A integración con Launchpad terá que agardar ata a Ubuntu 10.10.

Na versión Alpha 5 de Ubuntu 9.10 “Karmic Koala” xa contará co primeiro paquete de Ubuntu Software Store.

Para unha información máis detallada pódese consultar a wiki de Ubuntu.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/soft/ubuntu-software-store

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal