A administración autonómica manchega porá en marcha o Proyecto Pascal a través do seu Centro de Excelencia de Software Libre de Albacete. O centro levará a cabo sete programas para a difusión do Software Libre nesta comunidade autónoma. O proxecto contará con 460.000 euros de financiamento.
Os programas dos que se compón o Proyecto Pascal son os seguintes:
- Programa para a xestión do proxecto.
- Programa ‘Portalos’: como observatorio tecnolóxico de Software Libre.
- Programa ‘Formados’: para a formación e difusión do Software Libre en Castilla-La Mancha.
- Programa ‘Comunios’: para fomentar a adhesión e participación das principais comunidades nacionais e internacionais referidas ao Software Libre.
- Programa ‘Solidarios’: que contempla unha vertente de acción social con Software Libre e equipamiento reutilizable.
- Programa ‘Certios’: centrado na creación dun clúster de empresas TIC en ámbitos de Software Libre.
- Programa ‘Ticos’: para apoiar a empresas TIC de Castilla-La Mancha na adopción de modelos de negocio baseados en servizos.
Fonte: Terra
