Mancomún

Celébrase a Conferencia Internacional de Software Libre 2009 en Cáceres

Luns, 30 Novembro 2009

Durante os días 1, 2 e 3 de decembro terá lugar a Conferencia Internacional de Software Libre na cidade de Cáceres. Organizada pola Junta de Extremadura e a Junta de Andalucía, e coa colaboración de CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas), trátase do evento máis importante a nivel nacional relacionado coas tecnoloxías libres e de fontes abertas.

CISL - Caceres

De cara a súa participación neste evento, CENATIC centrou os seus esforzos en achegar valor ás empresas a través de diferentes accións que terán lugar dentro do Programa Institucional, e que ten como puntos fortes a presenza de expertos internacionais de recoñecido prestixio no ámbito das tecnoloxías abertas, a presentación do Plan Nacional de Capacitación en Software de Fontes Abertas de CENATIC, así como o deseño e posta en marcha de Territorio Empresas e do seu concurso asociado.

Territorio Empresas permitiu que 8 empresas do sector poidan contar de forma gratuíta cun espazo expositivo na Conferencia, pero sobre todo, unha axenda de contactos comerciais ao máis alto nivel cos representantes de importantes empresas de software de fontes abertas en España.

As grandes áreas sobre as que se constrúe o programa para esta edición, están vinculadas a profundar en aspectos relativos á evolución do mercado TIC, os modelos de negocio do software, o papel do software libre na recuperación económica, a súa implantación e uso nas organizacións, a visión dos usuarios corporativos e o poder de compartir o coñecemento a través das tecnoloxías 2.0. Por outra parte, a Conferencia acompañarase da tradicional área técnica, onde se exporán as tendencias tecnolóxicas do sector, en canto a distribucións, linguaxes de desenvolvemento, novos produtos, etc.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal