Mancomún

Cen docentes coñecerán de primeira man casos de éxito en educación nun curso da consellería

Mércores, 28 Marzo 2007
Máis de 100 docentes de educación primaria e secundaria coñecerán de primeira man a experiencia de varios centros que empregan con éxito o Software Libre no marco dun curso organizado pola Consellería de Educación. Este curso, no que colabora Mancomun.org, servirá como introdución ao Software Libre para os docentes. Os profesores coñecerán nesta ocasión os casos de éxito do I.E.S Xulián de Magariños (Negreira) e o I.E.S. Chan do Monte (Marín) e poderán intercambiar ideas cos seus respectivos responsables.

Ademais deste foro de experiencias os profesores recibirán formación en:

  • Fundamentos do Software Libre
  • Aplicacións libres de uso frecuente
  • Distribucións GNU/Linux
  • Aplicacións libres para a educación e outros recursos
  • Liñas de traballo actuais do Software Libre na educación 

O curso comezou o día 23 de marzo e rematará o 23 de maio.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal