O Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en software libre (CENATIC) está a procurar novos xeitos de introducir a informática de código aberto nun dos ámbitos decisivos para o seu futuro: o da educación superior.
Con este fin, o Centro puxo en marcha o Curso de Introdución ao software de fontes abertas, organizado de xeito conxunto coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE-TIC) e que arestora se está a impartir en distintos campus do ámbito estatal.
A actividade, que comezou de xeito simultáneo na Universidade Carlos III de Madrid, a Universidade de Zaragoza e a Universidade de Deusto, está a chegar a un total de 19 institucións educativas superiores de toda España, incluídas -polo que se refllicte no programa- a da Coruña, este martes 20 de xaneiro.
Fonte: Código Cero
