Mancomún

CENATIC e ASOLIF promoverán o uso e compartición de aplicacións libres nas administracións locais

Luns, 28 Decembro 2009
CENATIC e ASOLIF asinaron un acordo para a posta en marcha do proxecto ALIAL (Aplicacións Libres para Administracións Locais). Este acordo foi propiciado por Red.es, entidade pública empresarial dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC).

O acordo, que conta cunha achega económica a partes iguais por ambas entidades, ten como obxectivo mellorar a actual dinámica de contratación de tecnoloxía por parte das Administracións Locais, a fin de garantir que sexa técnica, legal e procedimentalmente viable para que os concellos poidan compartir as súas solucións tecnolóxicas. Para iso, debe garantirse que esas solucións son interoperables, seguindo formatos e estándares abertos, accesibles e baseadas en software libre.

Neste sentido o proxecto ALIAL permitirá asesorar ás administracións locais en materia de licitación e posterior contratación de desenvolvementos de software. Como núcleo da primeira fase deste programa, publicarase unha Guía de Boas Prácticas de Licitación para proxectos de desenvolvemento de software e servizos TIC libres e de código aberto, que poderá ser utilizada por calquera administración local. Así mesmo farase un estudo de todo o software libre dispoñible na actualidade orientado aos concellos, facendo especial fincapé nos de menor tamaño.
Un proxecto que une ás administracións locais e ás empresas do sector.

Durante a firma do convenio, no que estivo presente Sebastián Muriel, Director Xeral de red.es, Miguel Jaque, director xerente de CENATIC, comentou que “o obxectivo de CENATIC coa firma deste acordo é poder trasladar ás administracións locais os beneficios que o uso de tecnoloxías libres e de fontes abertas pódenlles achegar no referente á liberación de aplicacións, o uso e a compartición das mesmas”.

Pola súa banda, Daniel Armendáriz, presidente de ASOLIF comentou que “o proxecto representa un primeiro paso para que as administracións locais poidan dispor de ferramentas que lles permitan desenvolver as súas competencias utilizando solucións libres eficientes e a custos asumibles, fomentando a súa compartición con outros Concellos a través dun modelo de probada solvencia noutros ámbitos, cunha orixe nas comunidades de desenvolvemento de software libre”.

Fonte: CENATIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal