Mancomún

CENATIC está trasladando as experiencias e apostas do ecosistema do Software Libre en España na OSCON 2010

Mércores, 21 Xullo 2010

O CENATIC está desenvolvendo en Estados Unidos na O’Reilly Open Source Convention (OSCON), un espacio único a nivel internacional onde conflúen empresas, administracións e comunidades de desenvolvemento, unha serie de actividades dirixidas a compartir visións estratéxicas, técnicas e de negocio arredor do FLOSS.

Neste evento, que se celebra entre o 19 e mailo 23 de Xullo na cidade de Portland (Oregón), o CENATIC está trasladando as experiencias e apostas de todo o ecosistema do Software Libre en España, e creando lazos de relación que permitan posteriormente a realización de proxectos conxuntos con institucións e empresas estadounidenses.
Polo seu formato, trátase da única conferencia no mundo na que é posible interactuar con case 2.500 desenvolvedores, activistas, membros da comunidade, directores de tecnoloxía e líderes dos máis importantes proxectos de software libre a nivel mundial, sexan públicos ou empresariais, todos eles interesados en construír coñecemento en comunidade e aproveitar o potencial da innovación colaborativa.

Manuel Velardo, director de Proxectos e Servizos de CENATIC, comenta dende a OSCON que este é o evento que congrega máis coñecemento no mundo en canto a open goverment, comunidades de desenvolvemento e casos de éxito de colaboración entre administracións públicas, empresas e comunidades, e por esta razón "é o lugar ideal para ofrecer a visión do que se está traballando en España, e sometela a debate cos principais expertos mundiais en software libre, aprendendo deles e construíndo pontes de colaboración".

Según o directivo de CENATIC, Estados Unidos segue sendo o motor da tecnoloxía a nivel mundial, pero en Europa estanse propoñendo proxectos moi interesantes no ámbito do software libre dende fai máis dunha década. "Sobre todo en materia de lexislación e colaboración institucional, xa que en Estados Unidos a fragmentación por Estados complica a creación de leis ou apoios públicos globais ao software libre, como poderían ser en España as leis de apoio, o propio CENATIC, ou a súa relación con outros Centros de Referencia rexionais" comentou Velardo.

Neste senso, comenta tamén que "debido á súa posición central no ecosistema do software libre español, CENATIC pode atraer boas prácticas de Estados Unidos, e confrontalas cos modelos do sector en España en forma proxectos conxuntos e modelos de relación válidos, que loxicamente, necesitarán ser adaptados á nosa realidade tecnolóxica, política e económica".

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal