Mancomún

CENATIC presenta un visualizador de documentos de texto baseados en estándares abertos para móbile

Martes, 21 Outubro 2008

CENATIC presentou onte o seu proxecto de visualizador de documentos de texto segundo o estándar ODF (Open Document Format) para teléfonos e dispositivos móbiles, que é completamente libre. Esta aplicación, na súa versión definitiva, permitirá aos móbiles que a leven instalada ler documentos de texto, follas de cálculo e presentacións de texto, realizados co estándar aberto ODF.

A presentación do prototipo deste innovador proxecto, realizouse no marco da Conferencia Internacional de Software Libre de Málaga, que comezou onte e se prolongará até o mércores.

Podes ler a nova completa na seguinte ligazón:
http://www.cenatic.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal