Mancomún

CENATIC publica 3 novos fascículos tecnolóxicos sobre software libre

Mércores, 31 Marzo 2010

O pasado 28 de novembro o CENATIC puxo en circulación o caderno tecnolóxico titulado "Introdución ao software de fontes abertas", do que se regalaron 35.000 exemplares co diario HOXE, e do que até a data efectuáronse case 1.000 descargas dende a súa web. Estes fascículo foi unha actualización da obra orixinal de Quím Perez i Noger, publicada polo Concello de Barcelona.

Fascículos tecnolóxicos sobre fontes abertas

Sen dúbida, o software libre é unha tendencia xa imparable na sociedade tecnolóxica de hoxe, e un elemento crave para o desenvolvemento dunha verdadeira sociedade en rede para todos. Ninguén pode xa pór en dúbida as súas innumerables vantaxes fronte a outras alternativas de software en canto a aforro, calidade, seguridade, independencia tecnolóxica, etc.

CENATIC, pretende contribuír a achegar as tecnoloxías libres á cidadanía, como punto de partida para poder seguir divulgando este concepto en posteriores accións de comunicación para que o seu uso sexa verdadeiramente coñecido. Para isto pon a disposición do público outros 3 fascículos tecnolóxicos titulados:

Estes fascículos, ao igual que o primeiro, son actualizacións dos respectivos cadernos orixinais publicados polo Concello de Barcelona, con autores respectivamente: Toni Hermoso Pulido, Jordi Mas i Hernández e Xavier Conde Rueda.

O obxectivo de CENATIC é completar a actualización dos outros 3 fascículos desta colección antes do verán. Cada fascículo distribúese baixo licenza Creative Commons (Recoñecemento-NoCormercial-CompartirIgual 2.5 España), e publicados orixinalmente en catalán no ano 2006 polo Concello de Barcelona.

No ano 2007, mancomún traduciu ao galego os tres primeiros fascículos e actualizou o seu contido ás novas versións dos correspondentes aplicativos. No lugar de editalos en formato caderno, publicáronse no wiki para facilitar a súa consulta e actualización por parte de toda a comunidade:

Estes manuais foron actualizándose coas novas versións de Firefox 3.0 e Thunderbird 3.0, e por suposto están abertos a recibir as contribucións de calquera.

A Junta de Andalucía tamén traduciu a colección orixinal completa ao castelán, distribuíndoa en pdf dende a web de Guadalinex.

Fonte: CENATIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal